Galicia Abriga

O primeiro Programa Galego de Acollida Temporal a mulleres defensoras de Dereitos Humanos nace en 2024, para que mulleres de organizacións e movementos sociais de países nos que a Cooperación Galega ten presenza poidan saír temporalmente do contexto de risco para a súa integridade física e psicolóxica no que se atopan, debido ao seu labor como defensoras de dereitos.

Quen somos?

O equipo xestor de Galicia Abriga está conformado polas ONGDs galegas Solidariedade Internacional de Galicia, Ecos do Sur e Agareso, co apoio dunha rede formada por 15 organizacións galegas e universidades.

Actualidade

Galicia reforza o seu compromiso cos dereitos humanos coa posta en marcha do primeiro programa de acollemento temporal a mulleres defensoras

Defender a quen defende é o obxectivo do primeiro Programa Galego de Acollida Temporal a mulleres defensoras de Dereitos Humanos que bota a andar en Galicia este mes de xaneiro. Galicia Abriga estápensado para que mulleres de organizacións e movementos sociais de...
Un proxecto de
Co apoio de
E co financiamento de