Galicia Abriga abriu a súa segunda convocatoria en marzo de 2025, para que aquelas organizacións inscritas no rexistro galego de ONGDs que o desexen soliciten a acollida temporal de mulleres defensoras pertencentes a organizacións sociais en países onde a cooperación galega ten presenza, para que poidan mellorar as condicións de seguridade e benestar nas que realizan o seu traballo de defensoría.

As mujeres que as entidades galegas propoñen deben pertencer ou estar vencelladas cunha organización, comunidade ou movemento social dalgún país prioritario para a cooperación galega que realicen labores relacionados coa defensa, promoción e protección dos dereitos humanos.

Segundo o último Plan Director da Cooperación Galega, estes países son:

  • África subsahariana: Cabo Verde, Guinea Bissau e Mozambique.
  • América Central: Guatemala, Honduras, Nicaragua e El Salvador.
  • América do Sur: Bolivia, Ecuador e Perú.
  • Caribe: República Dominicana.

E estar vivindo unha situación de risco que requira de protección ou de saída dese contexto e que podería mellorar coa participación no programa, permitiendo que, á súa volta, a muller defensora teña mellores capacidades para continuar realizando o seu labor de defensoría. O programa ten carácter preventivo, dando resposta a persoas que, se ben sofren acoso e ameazas polo seu traballo en defensa dos dereitos humanos, non requieren dunha saída inmediata ou permanente do país.

As candidaturas debían enviarse antes do 30 de abril de 2025 a info@galiciaabriga.org, correo no que se atenden tamén as dúbidas que poidan xurdir con respecto ao proceso.

Un Comité de Selección do Programa formado polo equipo xestor, a Coordinadora Galega de ONGD e unha representación da rede de apoio decidirá por consenso qué tres mulleres serán acollidas, os meses de setembro, outubro e novembro de 2025, entre as solicitudes recibidas en tempo e forma.

As organizacións galegas con candidaturas seleccionadas pasarán a formar parte da Rede de Apoio e serán a canle de comunicación entre o equipo xestor e a organización en orixe.