O Concello de Ames organizou esta mañá no salón de plenos da Casa do Concello un encontro coas defensoras acollidas nesta segunda edición de Galicia Abriga. Milagro Alvarado, Juventina López e Ana Donis tiveron ocasión de compartir as súas experiencias na defensa da xustiza e dos dereitos das mulleres en El Salvador e Guatemala con respresentantes de todas as forzas políticas presentes na corporación municipal, que amosaron o seu compromiso unánime co programa e agradeceron, en palabras do alcalde, a “valentía e exemplo” das defensoras.