Un auditorio ateigado acolleu esta mañá no encontro A Cooperación Galega: unha carreira de fondo a Milagro Alvarado, Juventina López e Ana Donis, que salientaron a importancia trascendental de defender o “dereito a defender dereitos”.
Na súa intervención perante responsables políticas, técnicas de cooperación e compañeiras doutros países, Ana Donis destacou “o gran obstáculo que é o sistema patriarcal, que limita a loita das mulleres, un sistema de xustiza lenta e a pobreza”; Milagro Alvarado alertou sobre a loita das mulleres salvadoreñas polos seus dereitos; e Juventina recoñeceu que Galicia Abriga está a darlle a oportunidade de desenvolverse “como muller indíxena, unha muller suxeita de dereito”.






