As defensoras que participan nesta segunda edición de Galicia Abriga compartiron onte as súas impresións sobre as primeiras semanas de acollemento en Galicia con representantes do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Milagro Alvarado, Juventina López e Ana Donis estiveron acompañadas por María Paz, que agradeceu o apoio do Fondo ao programa de acollemento temporal impulsado por Solidariedade Internacional de Galicia, AGARESO e Ecos Do Sur, organizacións integradas na Coordinadora Galega de Ongd.