Aquelas organizacións inscritas no rexistro galego de ONGDs que o desexen, poden solicitar dende hoxe mesmo e ata o vindeiro 30 de abril de 2025 a acollida temporal de mulleres defensoras pertencentes a organizacións sociais de países onde a cooperación galega ten presenza, para que poidan mellorar as condicións de seguridade e benestar nas que realizan o seu traballo de defensoría. Tedes xa dispoñibles para descarga as bases desta segunda convocatoria, o formulario de presentación de candidaturas e as actas de compromiso tanto das entidades galegas solicitantes como das organizacións ás que pertencen as mulleres, no seu país de orixe.