O equipo xestor de Galicia Abriga, integrado por Solidariedade Internacional de Galicia, Ecos do Sur e Agareso, iniciou a segunda edición do Programa Galego de Acollida Temporal a mulleres defensoras de Dereitos Humanos cunha xuntanza de traballo na que analizaron os resultados da avaliación da primeira edición e avanzaron na definición da segunda.

Os primeiros pasos que se acordaron dar foron o traslado inmediato dos resultados da avaliación á Rede de apoio de Galicia Abriga e a convocatoria dunha xuntanza informativa aberta a todas as ONGDs galegas interesadas en propor mulleres defensoras ao programa, para explicarlles os detalles da convocatoria da segunda edición e dar resposta a calquera dúbida ou suxestión que poda xurdir, antes da súa publicación.

A xuntanza será este mércores, 26 de febreiro, ás 12:00 on-line. Se desexas participar, escríbenos a info@galiciaabriga.org