Juana, Gabriela e Carolina, defensoras acollidas nesta primeira edición de Galicia Abriga, visitaron esta mañá o Parlamento de Galicia , xunto coa lideresa dominicana Syra Taveras e con Lorena Seijo, de AGARESO , e Sara G. Mato, da Coordinadora Galega de Ongd. Alí, puideron analizar con representantes de Partido Popular de Galicia , BNG – Bloque Nacionalista Galego e PSdeG o contexto político e social de El Salvador e República Dominicana, poñendo especial énfase na situación que viven as mulleres e nenas nos dous países.