As tres defensoras de dereitos humanos que participan nesta primeira edición de Galicia Abriga xa están aquí. As xornalistas salvadoreñas Carolina Amaya e Gabriela Villaroel e a activista polos dereitos das mulleres rurais dominicana Juana Ferrer repoñen forzas estes días en Galicia, onde tamén atopan tempo para traballar co equipo do programa no establecemento de redes que lles permitan mellorar as condicións de seguridade e benestar nas que realizan o seu labor.